• Milladoiro
  • 08 de Maio de 2016

Entradas Concerto das Letras Galegas

As entradas do Concerto das Letras Galegas pódense retirar desde o día 5 de maio na Coruña.

A sexta edición do Concerto das Letras Galegas, iniciativa do Consello da Cultura Galega (CCG) para celebrar dun xeito festivo o 17 de maio, terá lugar o vindeiro 17 de maio no Teatro Rosalía ás 21:00 horas.

Nesta ocasión será o grupo Milladoiro quen poñerá a música nun concerto en que cobrarán protagonismo os textos de Manuel María. As entradas, que son gratuitas, póñense a disposición dopúblico mañá xoves 5 de maio na Taquilla Central da Praza de Ourense en Coruña. Pódese retirar un máximo de dúas entradas por persoa.

As entradas deste concerto poderanse retirar desde mañá xoves, 5 maio, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas na Taquilla Central da Praza de Ourense.
A sexta edición do Concerto das Letras Galegas terá lugar o 17 de maio no Teatro Rosalía ás 21:00 horas.

Consiste nun concerto de Milladoiro cun programa en que, alén de repasar a súa traxectoria, ofrecerá varias pezas do disco titulado Unha estrela por guía. Editado en 2007, consistía nunha homenaxe ao poeta lucense e percorría musicalmente libros como “Cancións do Lusco ao Fusco”, “Sonetos á casa de Hortas” ou “As rúas do vento ceibe”.

0 Comentarios

X